Colectivo Urbano Lugris Reivindican a figura deste pintor de motivos mariños e promoven actividades relacionadas coa cultura galega.
alg-a.com Plataforma que procura potenciar a cultura galega na rede. Contén novas, artistas, ligazóns e descargas.
Consorcio Audiovisual de Galicia O seu obxectivo é a potenciación institucional das accións en prol do desenvolvemento do sector audiovisual de Galicia. Publicacións, actividades, formación e axudas.
Casa das Crechas Plataforma cultural galega que dispón de novas, correo web, descargas e ligazóns.
Centro Cultural Xaquín Lorenzo, Xocas O sitio contén: Raigame-Revista de Arte, Cultura e Tradicións Populares de Galicia. Escola Provincial de Danzas de Ourense. Romaría Etnográfica Raigame. Colectivo Castro Floxo. Obradoiros de Cultura Tradicional.
Cofradia da Dorna Asociación cultural responsable da organización da Festa da Dorna de Ribeira.
Fundación Castelao Ten como fin estimular e favorece-la cultura galega, en particular, o fomento das artes plásticas, socioloxía, economía, política, narrativa e teatro.
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial Web oficial da FGCMF onde se pode atopar información sobre os seus obxectivos, membros e actividades. Tamén se pode acceder a fotos de eventos e a publicacións da Federación.
Asociación Cultural Cántigas e Frores Sita en Lugo, promociona a cultura tradicional galega por medio dos seus grupos de Gaitas, de baile, escolas, festivais e cursos.
Fundación Caixa Galicia Destinada ó fomento do benestar social, as artes e as letras, o medio ambiente e as novas tecnoloxías. Información institucional, novas en contacto.
Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) Ten como obxectivos, divulgar a cultura e, en xeral, todo o referente ó patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico e lingüístico dos tres concellos do Val Miñor.
Asociación Cultural Eliseo Alonso (Acea) Traballa na dinamización cultural da comarca do Baixo Miño tendendo pontes a Portugal. Información sobre os actos culturais e actividades que desenrola e novas.
Asociación Cultural O Coto Adicada á realización de diversos actos de promoción cultural dos que destaca a Festa do Cabazo.
Clúster do Audiovisual Galego Alianza compacta e independente formada por compañías innovadoras do sector en toda a cadea de valor do proceso de produción e distribución de productos audiovisuais e das novas tecnoloxías. Novas actualizadas sobre a actividade empresarial dos asociados e os aspectos máis salientables do panorama audiovisual, tanto galego como nacional.
Plataforma Galega da Arte Contemporánea Asociación civil que pretende ser un ámbito proactivo e de creación de propostas encamiñadas á procura do ben común no ámbito da arte contemporánea.